Blogia
Xuko

Lo ha confirmado el ejército norteamericano

Lo ha confirmado el ejército norteamericano

Dez soldados estadounidenses morreron este martes en cinco ataques da insurxencia, dous de eles con bomba, segundo varios comunicados do exército norteamericano.

Catro soldados estadounidenses morreron o martes ao explotar unha bomba o paso dun vehículo que viaxaba por unha estrada no oeste de Irak, segundo informou hoxe o exército de EE.UU. nun comunicado.

A explosión prodúxose as 06:30 hora local cando os soldados realizaban unha patrulla.

Outros tres uniformados morreron e un cuarto resultou ferido nunha "acción enemiga" mentres participaban nunha operación militar na provincia de Diyala, no leste do país, segundo outro texto oficial.

En outros dous comunicados emitidos con posterioridade, o exército de EE.UU. informou da morte de outros dous soldados en accións separadas.

Polo menos 60 soldados estadounidenses morreron en outubro, no mes máis sanguento para as tropas de EE.UU. en Irak dende a invasión do país, en marzo de 2003.

No último comunicado o mando militar informou da morte de outro membro do exército de EE.UU. o estoupar un artefacto explosivo o paso do seu vehículo, no norte da capital.

Bueno lo...

Con un sinxelo silencio dise todo

0 comentarios