Blogia
Xuko

Axúdanos a salvalas súas vidas

Axúdanos a salvalas súas vidas

Parisa, Iran, Khayrieh, Shamameh, Kobra, Soghra e Fatemeh. Estos son os nomes das sete mulleres que foron condenadas a morte por lapidación.

Ante esta situación, Amnistía Internacional iniciou unha campaña de recollida de firmas, como xa fixera en outras ocasións, para intentar frenar o proceso de execución e salvalas súas vidas. As sete mulleres foron inxustamente condenadas e o seu delito é o adulterio, recollido como delito no Código Penal Iraní.

A lapidación é un medio de execución moi antigo, que consiste en envolver a víctima nunha sábana e enterrala ata o pescozo ou ata a cintura. Tras esto, os asistentes á execución lanzan pedras contra o reo, que non sexan moi grandes, tal e como esixe a lei islámica, para que o primeiro golpe non mate o preso, nin tan pequenas porque non lles fan dano. De esta forma é máis doloroso e prodúcese unha morte máis lenta.

Esta práctica, realizada en algúns países islámicos, viola o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos que garantiza o dereito á vida e prohíbe a tortura.

A túa firma pode facer moito. Só tes que visitala súa páxina web: www.es.amnesty.org

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres