Blogia
Xuko

El 25% de la flota muradana carecerá de amarre en el muelle

El 25% de la flota muradana carecerá de amarre en el muelle

Nadie parece satisfeito coa reordeación das instalacións que Portos de Galicia pretende levar a cabo en Muros. Os armadores dos distintos colectivos marítimos síntense discriminados pola ubicación que se lles otorgará na dársena. O Concello e a Cofradía median para que coa nova situación ningún sector marítimo se sinta perxudicado. Sen embargo, o 25% da flota quedarase sin punto de amarre no muelle.

Os problemas surxen despois de que Portos decidise instalar pantaláns na parte interior. Nesta dársena ubicábanse, sen orden algún, máis de duascentas embarcacións, pertencentes aos sectores productivos de baixura e mexilloeiros, así como pequenos barcos de recreo.

O ente autonómico acordou instalar tres pantaláns cos conseguintes puntos de amarre e proporcionar os servicios de luz e auga as embarcacións atracadas. Por estas prestacións, cada embarcación deberá abonar un canon.

O coñecerse o proxecto, os xubilados do mar, que dispoñen de pequenos botes de madeira, manifestaron a súa protesta por ter que pagar, aínda que as queixas desapareceron cando comprobaron as melloras que terían. Despois surxiu outra preocupación, o coñecer que non habería amarres para todos.

Este feito propiciou protestas airadas ante a Cofradía, o Concello e co vixiante de Portos, así como un malestar xeral entre os propietarios das embarcacións inscritas na séptima lista, consideradas de recreo. Incluso, o enfrontamento foi trasladado ao sector productivo, con barcos da terceira lista.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres