Blogia
Xuko

Os clientes dos locais de alterne son cada vez máis novos

Pontevedra e A Coruña son as provincias con maior número de clubs.

O colectivo "Alecrín" atendeu a 2.000 prostitutas no pasado ano.

A asociación Alecrín detectou na actualidade certas tendencias preocupantes relacionadas co mundo da prostitución en Galicia. Trátase, sobre todo, do tipo de clientela que frecuenta os locais de alterne, onde cada vez acode xente máis nova, de 17 e 18 anos, indican. "Ás veces chegan a facer un bote para poder estar cunha prostituta", aseguran no colectivo.

Alecrín está preparando o informe anual de 2006, no que unha vez máis revela que A Coruña e Pontevedra son as provincias galegas cun maior número de clubs de alterne.

E así nos vai con tantos puticlubs... Rapasiños fasendo botes e a ver a quen lle toca que lla chupen esta ves... Hai que joderse!

0 comentarios