Blogia
Xuko

Vivenda saca a exposición pública el expediente de expropiación para el polígono de Muros

A Consellería de Vivenda e Solo acaba de sacar a exposición pública o expediente de expropiación do 20% dos terreos necesarios para a construcción do polígono industrial de Muros.

O documento afecta a setenta fincas. Os propietarios de estas parcelas recibirán unha carta individual e certificada, na que se lles comunicará o inicio do expediente de expropiación. A partir de ese momento, disporán dun mes para presentar as alegacións oportunas.

O escrito permanecerá exposto ao público durante trinta días, dende a data de publicación no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas da sociedade Suelo Empresarial do Atlántico, que será a que desenrrole o proxecto de construcción do parque.

O polígono muradán contará cunha superficie total de 181.400 metros cadrados, dos que máis de 92.000 serán de uso empresarial.

A Consellería de Vivenda e Solo participa nun 15% neste proxecto.

En fin...

Cada un ke opine o ke vexa, pero a mín este asunto do polígono entre a Virxen e Ventín non che me justa nada, xa hai naves en Badernado, por ke non o montan alí? Menuda vista ke vai kedar de Muros...

0 comentarios