Blogia
Xuko

El bebé más prematuro del mundo nació a las 21 semanas de gestación

El bebé más prematuro del mundo nació a las 21 semanas de gestación

Amilia ainda non debería de nacer. En condicións normais tería que telo feito dentro duns días, pero fixo por cesárea o pasado 24 de outubro para convertirse no bebé máis prematuro do mundo.

É o fruto dun embarazo de 21 semanas e seis días e é o primeiro bebé coñecido que sobrevive a un período de xestación inferior as 23 semanas, o límite actual, algo que os médicos que atenderon o caso consideraban prácticamente imposible.

«Non éramos nada optimistas sobre as súas posibilidades de seguir con vida, pero amosounos a todos que estábamos moi equivocados», explicou o doctor William Smalling, membro do equipo do Hospital Baptista de Miami que atendeu o parto e que realiza o seguemento do caso.

Amilia, que en latín significa resistente e loitadora, naceu con 284 gramos -o récord está en 260- e unha altura de 24,13 centímetros, pouco máis que a dun bolígrafo. Pero o excepcional do caso é a súa prematuridad. Ningún bebé sobreviviu ata agora con tan pouco tempo de xestación.

«Verdadeiramente é un bebé milagroso». O habitual é que nazan entre as 37 e as 40 semanas. A nena xa alcanzou os 1,8 kilos e dentro de dous días será dada de alta.

Acojonante.... 

0 comentarios