Blogia
Xuko

Multa de 1.800 euros a Pepsi por aparecer gusanos en un refresco

Multa de 1.800 euros a Pepsi por aparecer gusanos en un refresco

Un tribunal da India impuxo á multinacional con Pepsi unha multa de 100.000 rupias (uns 1.800 euros) despois de que un consumidor atopase gusanos nun refresco desa marca fai cinco anos, informa hoxe a axencia IANS.

O tribunal de consumidores da rexión de Himachal Pradesh, no norte da India, aceptou a demanda dun indio que en 2002 queixouse de atopar «gusanos e insectos» nunha botella de Pepsi Mirinda, unha bebida con sabor a naranxa.

A botella foi adquirida nun posto da localidade de Dharamsala, no Himalaya, e trala denuncia do consumidor o seu contido foi enviado a un laboratorio da localidade de Kandhagat para ser analizado.

Os científicos, tras examinala bebida, aseguraron que era «moi perigosa» para a saude, o que levou ao indio a levalo caso aos tribunais, según IANS.

A marca Pepsi xa estivo o ano pasado no centro dunha forte polémica na India polo chamado escándalo de la, despois de que unha organización non gubernamental denunciara a presencia de pesticidas na famosa bebida.

Tres estados da India chegaron a prohibir o refresco, ata que o Goberno asegurou, ao fio das declaracións da compañía, que o seu consumo era seguro.

Que raro que estas cousas pasen na India... en fin.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres