Blogia
Xuko

Una pareja ribeirense es dueña de dos cerdos gigantes de 400 kilos

Una pareja ribeirense es dueña de dos cerdos gigantes de 400 kilos Un matrimonio moi coñecido de Ribeira, Juan Abad Queiruga e Carmen Bretal Sieira, está exultante con dous exemplares de porco que posen na súa pequena explotación de Xenxides, na parroquia ribeirense de Oleiros. E non é para menos, xa que un destos exemplares pesa a nada despreciable cifra de catrocentos kilos. O segundo dos exemplares porcinos alcanza un peso de, aproximadamente, 380 kilos.

A parella, que é ademais propietaria da popular taberna de Arturo, ubicada tamén no lugar de Xenxides, mantén que os dous porcos foron adquiridos fai agora dous anos na granxa Bouxa, na localidade de Artes (Ribeira), unha explotación especializada na cría de "porcos de selección", mantén o propietario de ambos porcos, Juan Abad Queiruga.

Os dous animais en cuestión son porcos de raza galega. Según matizan os seus propietarios estos dous exemplares porcinos foron alimentados nos últimos vintecatro meses a base de maíz, verdura e fariña, xa que a súa carne vai destinada para consumo propio.

O matrimonio, que se sente cheo de orgullo de ambos porcos, está sendo moi felicitado polos parroquianos que se achegan ata o establecemento. A fama dos animais, o seu tamaño, peso e envergadura suscitan máis dunha petición á parella para poder contemplar a estos "porcos xigantes".

Tanto Juan Abad como Carmen Bretal manteñen que ambos animais serán, en "breves días", os protagonistas da obrigada matanza.

Así da justo, míraos ke contentos cos seus porcóns!

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres