Blogia
Xuko

A una anciana china de 101 años le crece un cuerno negro de seis centímetros

A una anciana china de 101 años le crece un cuerno negro de seis centímetros

Unha anciá de 101 anos nunha aldea da provincia central chinesa de Henan desenvolveu un sorprendente corno de cor negra e case seis centímetros de longo na parte esquerda da súa fronte, o que causou certo temor entre os veciños da localidade, informou o oficial «Diario do Pobo».

A anciá, chamada Zhang Ruifang, vive no pequeno pobo de Linlou, e desde o ano pasado creceulle unha protuberancia que agora mide uns seis centímetros e ten un aspecto moi similar ao hasta dunha cabra, contou o diario, que ofrece fotos do fenómeno.

O corno, formado por queratina (sustancia que tamén se atopa nos pelos e as uñas humanas) non causa dor nin molestia á anciá, aínda que algúns veciños si recoñeceron que o corno «dá medo».

Zhang, allea a eses temores, sae todos os días a pasear e leva a cabo algúns labores domésticos, vivindo coa familia dun dos seus sete fillos.

As imaxes da anciá «cornuda» apareceron xa en moitos medios de todo o mundo, especialmente na prensa anglosaxoa, onde se destacou que este tipo de protuberancia é un tumor benigno que adoita aparecer con frecuencia en persoas da avanzada idade, aínda que moi raramente alcanza tamaños tan grandes.

Na parte dereita da fronte, á muller está a aparecerlle unha protuberancia similar, tamén de cor negra, aínda que por agora de moito menor tamaño e co aspecto dunha simple peca.

...a filla de Satán...

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres