Blogia
Xuko

Un hombre intenta cobrar un cheque firmado por Dios

Un hombre intenta cobrar un cheque firmado por Dios

Un xoven estadounidense de 21 anos foi detido e enfróntase a unha pena de ata sete anos de cárcere por intentar cobrar un cheque de 50.000 dólares que iba firmado por varios dos nomes que se utilizan para referirse a Deus.

A detención do xoven, identificado como Kevin Russell, aconteceu o luns en Hobart, estado de Indiana (EE.UU.), según o periódico «Northwest Indiana Times».

Ao parecer, o cheque que tratou de cobrar no Chase Bank de Hobart ía asinado por «Rey Salvador, Rey de Reyes, Dios de Dios, Siervo».

Russell, que foi detido no propio banco, resistiuse á Policía e chegou incluso a ameazalos cando o trasladaban á comisaría.

A Policía descubriu que Russell estaba en posesión de máis cheques asinados con nomes similares por valores de ata 100.000 dólares.

«Escoitara que Deus daba a vida eterna, pero é a primeira vez que escoito que tamén da efectivo», dixo ao periódico de Indiana o detective da Policía de Hobart, Jeff White.

O acusado, que se enfrenta a unha pena máxima de sete anos, non ten data prevista de xuicio e permanece na cárcere do condado de Lake, tamén en Indiana.

Buah! ke pasada tío, a ver se me manda a mín outro cheke por fax ou vía orasión da noite, en plan, cuatro eskinitas tiene mi cama, cuatro cheques ke me acompañan ou aljo así... 

1 comentario

Miriam -

Este pobre iluso que queria cartos pola cara, eso si sin roubar que él pedíaos, metenlle 7 anos, e a De Juana Chaos quitanlle 9 de carsel por matar e desidir que non quere comer. Pois hai un dito na nosa terra que di que si non queres unha cunca comes dúas!!Un par de lavasadas e os 12 aniños na carsel, non o vía eu tan complicado, menudo país é España, o choio da delincuensia.