Blogia
Xuko

Salvada por su peluquera

Salvada por su peluquera

Dí que foi unha intuición. A Merche Beizana extrañoulle que María Vilar, clienta habitual da súa perruquería os sábados as nove da mañá, non acudise a cita. Sabía que o seu marido estaba no hospital e temiuse o peor. Chamouna varias veces por teléfono durante o día. Nadie respondeu. O domingo pola mañá foi a súa casa, no número 24 da avenida de Gran Canaria, en A Coruña. Timbrou a varios pisos e o veciño do cuarto baixou. Contoulle a situación. Nadie vira a muller. Chamaron. Silencio. Retiraron o felpudo para saber si salira e o volver poñíao no seu sitio. O veciño quedou encargado de insistir. Merche seguiu chamando, pero o teléfono comunicaba. Dende o hospital tamén chamaban a María: a seu marido extrañaballe que non fora a velo.

Ao anoitecer, ao veciño pareceulle oír algo dentro. Avisaron a Policía Local. As once da noite os bombeiros entraron por unha ventá entreaberta. Encontraron a María semiinconsciente, tirada no chan, cerca dun teléfono descolgado e da porta. Levarona á UCI. Sufrira un pequeno derrame que a deixou sen forzas. «Quería chamar, pero non podía», decía onte sen recordar ben o acontecido. O seu relato é angustioso. «Si no entramos, aparecería muerta dentro de unos días», conclúe Merche. María, con bo humor, anuncioulle que este sábado irá a peinarse.

Menuda historia... bueno, todos nos alejramos de ke María esté ben.

0 comentarios