Blogia
Xuko

Un papagaio extraviado volve a casa tras explicar onde vivía

Un papagaio extraviado volve a casa tras explicar onde vivía

Un papagaio doméstico que se perdeu en Xapón foi devolto ao seu domicilio pola policía grazas a que o ave puido comunicar o nome do seu dono e a súa dirección, informou hoxe a axencia local Kyodo.

As autoridades da provincia de Chiba (centro de Xapón) capturaron o pasado 6 de maio a un papagaio africano de cor gris, ao que levaron posteriormente a unha clínica veterinaria.

O papagaio non deixou de repetir «Nakamura Yosuke-kun», o nome que lle puxo o seu dono, Yoshio Nakamura, ademais da dirección do seu propietario, incluído o número do domicilio, segundo as autoridades policiais.

Os responsables da clínica veterinaria reportaron o pasado 19 de maio á policía que o papagaio lles proporcionou eses datos persoais e, pouco despois, as autoridades localizaron a Nakamura e devolvéronlle a súa mascota.

«Non estaba preocupado porque (o papagaio) practicamente non voa», dixo o dono á policía. «Ademais, estívenlle ensinando a dicir cousas talles como a dirección», engadiu.

Os papagaios grises africanos son un tipo de mascota moi popular entre os xaponeses pola súa capacidade de imitar os sons e as palabras humanas, segundo un portavoz do parque zoológico de Chiba.

Dios mío... eu kero ir a China e a Xapón, e ver estas cousas ke pasan.

0 comentarios