ANOREXIA
Dende pekenos aos nenos ensínaselles ke a súa primeira apariencia importa.
Cunha poboación crecente ke pasa moito tempo diante dos televisores, hai moitos máis ke crecen cun sentido superficial do ke son. As imaxes de televisión pasan innumerables horas decíndonos ke perdamos peso estando delgados.
As persoas con sobrepeso aparecen como retrato robot do folgazán, sen amigos, o fracasado; mentres ke os homes e mulleres delgados e musculosos son máis exitosos, populares, desexables e poderosos. ¿Cómo podemos explicar aos nenos e nenas que o importante está no interior das persoas, cando en realidade os medios contradicen continuamente esta mensaxe?
As supermodelos en tódalas revistas populares tornaron cada vez a ser máis delgadas. As axencias de modelos buscan modelos anoréxicas. Algunhas modelos realízanse operacións de ciruxía estética modelando o seu corpo ca fin de conseguir máis fotoxenia, e as fotos son retocadas antes de ser impresas. Estas imaxes están lonxe de sela norma así como de xeralizarse, ao contrario do ke nos fai creer a súa constante e forte presencia na sociedade.
O problema das dietas tamén está presente: a pesar de ke en moitos casos non funcionan, a sociedade aínda intenta vendernos a idea de ke si o conseguen. A asociación de alimentación dietética cun corpo dez nun tempo récord é equívoca pero lévanos a creer o ilóxico: se perdes peso a túa vida será mellor. Ademáis dos medios de comunicación, parte dos problemas da nosa sociedade son o resultado dunha educación baleira. Rapaces e rapazas necesitan estar informados dos cambios ke o seu corpo realiza durante a pubertade e porké deben sentirse orgullosos dos seus corpos sen importarlles tamaño ou forma.
A obsesión crónica do peso dentro das familias contribúe a enfatizar a idea de ke o noso aspecto é de vital importancia.
A adolescencia é un período de confusión, enfréntanse a unha maior independencia, eleccións de vida, novas amizades e empezan a buscar a aceptación do sexo oposto e dos seus compañeiros. Todo isto mentres os seus corpos están cambiando e as súas hormonas rabiando. Esta combinación con algúns problemas adicionais nas súas familias, amigos ou novas relacións pode facilmente poñer aos rapaces nun alto risco fronte aos desordes alimentarios.
Ata hai pouko, a proporción dos varóns entre os posibles casos de anorexia non era máis do 2%. Hoxe observamos un importante cambio: a anorexia aparece a idade cada vez máis temperá (9 anos) e os homes representan unha proporción cada vez maior. Isto débese á maior atención ke presta á estética masculina.
O que sofre de anorexia non é ken de recoñecer ke ten unha enfermidade ata ke o tratamento está moi avanzado: non se ve retratado dentro do cadro clínico correspondente, considerándose incluso con exceso de peso. É importante detectar o mal canto antes para evitar ke a curación sexa máis lenta e difícil.
Se os pais non logran saber cando e que come o seu fillo/a, se ven que con frecuencia alega ter problemas dixestivos para non comer ou comer pouko, ou aparta no prato certos ingredientes... ¡ALARMA!: debe visitar o psiquiatra.
A beleza e o aspecto físico non é máis importante en ningún caso, porque ante todo, somos persoas con sentimentos e emocións. A nosa saúde é o máis importante. Deberíamos apreciar máis a vida na ke vivimos, querela, aproveitala e disfrutala a cada minuto. Valorando os detalles e a nós mesmos, aprenderíamos que a apariencia só é un tópiko, o importante é a beleza interior. Atopala non ten porke ser tan difícil...
6 comentarios
Xuko -
luxy -
bikos
Samo -
que sijo.
Xuko -
Miriam -
luxy -