Blogia
Xuko

Dioses y Monstruos

Dioses y Monstruos

En cada un de nós, como si se tratase dunha dualidade terrible, conviven o ben e o mal. En estado puro, sin destilar, os ideais máis altos conviven coas miserias e os malos pensamentos que tamén nos conforman. Eu vin a beatas de iglesias rezar moi estriadas pola paz no mundo, pola fin da fame que afoga a un tercio da poboación mundial. Pola salvación da alma dos chiniños durante a colecta do Domund. E xa esas mesmas señoras tratan a criada filipina a batacazos, porque os chinos sin cristianar son unha cousa e toda esta inmigración de mortos de fame que nos chega paracelles demencial: España para os españois e olé. Sin transición aparente pasar do amor universal a un odio mezquino e rastrero. E do mesmo modo, tampouco existe a persoa completamente malvada: incluso o asasino múltiple e o violador poden sentir un agarimo limitado por un can enfermo, por exemplo. As veces basta cunha leve variación no ángulo de luz que incide sobre un coñecido noso para que a paisaxe cambie por completo; donde había luz e claridade, descúbrense agora enormes sombras, simas cavernosas por donde se mete o detritus humano. Que o home é un lobo para o home xa o dixo fai moitos anos un inglés, e é unha realidade que cada día vexamos os titulares dos periódicos e as imaxes do telediario: guerras, masacres, deportacións masivas. Culturas enfrontadas, aniquilación do contrario, danos colaterais que son a vergoña de todos e o orgullo estúpido duns cantos insensatos.

¿Cara dónde se dirixe o mundo?

Camiña direito a destrucción e por encima con paso alegre e unha canción nos beizos.

2 comentarios

Xuko -

Si, este artículo é do metro, pareseume interesante e púxenno

Samo -

o da criada filipina e todo iso vino nun titular do MEtro que había no piso de pau