Un estudiante japonés anuncia su suicidio por el acoso de sus compañeros
O Ministerio de Educación xaponés recibiu unha carta dun estudiante que anuncia o seu suicidio para o próximo sábado na súa escola, debido a súa impotencia ante o acoso dos seus compañeiros, segundo informou hoxe a axencia Kyodo.
A mensaxe, dirixida o titular desa carteira, Bummei Ibuki, foi entregado este luns e, inda que se descoñece a súa orixe, parte do mataselos pode axudar a revelar o lugar do envío.
O Ministerio de Educación xaponés pediulle os comités en todo o país para que tomen medidas de emerxencia e evitalo suicidio.
Segundo o Ministerio, o autor é o parecer un rapaz e a mensaxe inclúe outras cinco cartas dirixidas a un comité de educación, o rector da escola, o tutor da clase, os compañeiros de aula e a os seus pais.
«Os que me acosaron non recibiron ningún castigo. Avisei o profesor e non fixo nada», di a mensaxe, que non especifica nomes.
O director da División de Educación Primaria e Secundaria do Ministerio lanzou un chamamento de serenidade o xoven nunha conferencia de prensa.
«O valor da vida é incalculable. Os adultos axudaranche a resolvelos teus problemas. Vive, por favor», insistiu o responsable educativo.
Esto da violencia na escola ke?
Esto é unha merda.
Por ke se permite ke un neno sea tan malo con outro?
Ou por ke se permite ke o profesor sea malo co alumno ou viceversa?
A mín non me colle na cabesa...
0 comentarios