Blogia
Xuko

Se eu fose africano

Se eu fose africano

Se eu fora un pequeno pescador senegalés ao que unha multinacional pesqueira lle vaciou o mar de peixe, debería buscarme outro modo de subsistencia.

Se eu fora un cidadán de Guinea Ecuatorial ao que lle é imposible arrincar do seu goberno a un corrupto dictador que está sendo apalancado por empresas estranxeiras e gobernos ocupados pola súa seguridade enerxética, seguramente tería que buscar outro país.

Se eu fora un somalí ou un costamarfilense que nunha guerra civil perdeu a un pai por disparo dunha bala fabricada en España, buscaría donde refuxiarme e comezar unha nova vida.

Se eu fora algún deles e tivese a oportunidade, a pesar de ser consciente do oscuro futuro da miña familia, eu tamén me xogaría a vida nunha patera.

1 comentario

SAmo -

quedei sen palabras. tio