Blogia
Xuko

Grandioso Pondal

¡Que barba non cuidada!
¡Que pálida color!
¡Que vestido, que longa
noncuranza afeou!
Quezais é algún malvado,
quezais é algún ladrón...
Miña madre, valédeme,
valédeme, por Dios;
quezais é algún minguado
que o xuicio lle mancou;
¡oh! ¡que vista tan brava,
chea de espanto e dor!
Non sei se me dá medo,
se me dá compasión;
parece un pino leixado do vento,
parece botado do mar de Niñóns.

Sinxela rapaceta,
non me teñas temor;
non son un vagamundo,
non son ningún ladrón:
xeroglífico ousado
do limo soñador,
vou, e, ignoto a min mesmo,
escuro enigma eu son;
se quezais estou tolo,
estou tolo de amor:
por eso as boas xentes,
pra onde vagante vou,
ó ver meu abandono
din con admiración:
parece un pino leixado do vento,
parece botado do mar de Niñóns.

Pensamentos insomnes,
turbulenta ambición,
propósitos de ferro
o ánimo nobre ousou;
de mil suidades fondas
o túrbido escadrón,
como a Luzbel, privara
do primeirio esplendor.
Son os bardos sapientes
que lei fatal lanzou,
soñadores e vagos,
da súa condición:
por eso eu a min mesmo
non me conozo, non,
e excraman os camiños
mesmos por onde vou:
parece un pino leixado do vento,
parece botado do mar de Niñóns.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

1 comentario

maría franc3s -

ya veo que eres un hombre de palabra!así me gusta!
cuando nos volvamos a ver por muros espero que sea pq vamos a dar un concierto en o xeixo!jeje
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres