La juventud española bate records ¿de qué?
Cando estaba na oposición Zapatero prometeu crear un ministerio para a xuventude. Non o fixo. Logo prometeu unha Comisión de Xuventude no Congreso dos Diputados e unha Oficina Parlamentaria Xoven. Tampouko o fixo. Así mesmo Zapatero asegurou que a estabilidade no emprego e o acceso dos xóvenes á vivenda conformarían un tándem imprescindible para o PSOE. Tres anos despois, España está á cabeza da U. E. en temporalidade laboral e no precio das vivendas, así como nas hipotecas.
Os xóvenes sempre foron para os políticos un colectivo fácil de enganar. O noso goberno é un bo exemplo disto.
Engánase aos xóvenes cando se lles promete paz pero solo se cambian as tropas de país e execútase o maior presuposto de defensa da historia de España.
Engánase aos xóvenes cando éstos atópanse cunha vivenda un trinta por cento máis cara que cando a ministra de cuota, señora Trujillo, chegou ao goberno.
Engánase aos xóvenes no traballo e no salario. Os gobernantes españois están moi satisfeitos porque as estadísticas amosan que o paro reduciuse nunha gran medida nos últimos anos. Tendo en conta que a metade dos novos contratos de asalariados asinados en 2005 cobraron menos que o salario mínimo (513 € mensuales) non é raro que os empresarios contraten máis emprego basura.
Pero nin esa é a razón dos "bos" datos do emprego. Temos que recordar que para ser considerado estadísticamente empregado, basta con traballar unha hora a semana e inda que sexa a cambio dunha modesta paga en especie.
Os informes do Eurostat demostran que España sitúase a cabeza de Europa en canto a temporalidade laboral. Máis de un 33% dos contratos que se asinan son temporais no noso país.
A nosa xuventude bate os peores récords da súa historia. Agora que se achegan as eleccións, ¿será capaz a xuventude española de pasar factura a quen nos utilizou para caramarse ao poder e agravou os nosos problemas?... ¿ou ímonos deixar enganar outra vez?
1 comentario
alba -
ponme alba m. , que dawn queda foi fashion jeje.
1-0 e 1-0
un bico