En Malasia las mujeres musulmanas no pueden ser lesbianas
O Consello Nacional Islámico de Malasia emitiu un edicto que prohíbe as mulleres musulmanas comportarse e vestirse como homes e manter relacións sexuais con outras mulleres, informou hoxe a prensa local.
O consello fixo público este edicto islámico (fatua) despois de celebrar unha conferencia na que se analizaron as tendencias homosexuais de algunhas xóvenes.
Abdul Shukor Husin, presidente do consello, argumentou que «moitas mulleres xóvenes admiran a forma na que se visten, socializan e se comportan os homes, pero copiándoos violan a natureza humana e negan a súa feminidade».
A homosexualidade masculina é ilegal en Malasia inda que os expertos consideran que a feminina está tecnicamente permitida xa que non existen previsións da lei ao respecto.
O islám é a relixión oficial en Malasia, donde máis do 60 por cento dos seus habitantes son musulmáns que practican a rama conservadora desta relixión.
A día de hoxe parece mentira, pero creo que tiñan que queimarlle os collóns a máis de ún.
0 comentarios