El Sergas resucita a Juana
En 1994, Dolores Rodríguez enterraba á súa nai, que con 94 anos era unha persoa que sempre gozara de boa saúde, «e que só estivo dúas veces hospitalizada en toda a súa vida». Cando, aos poucos meses da súa morte, recibiu un cartón sanitario ao seu nome achacou este erro a que facía pouco que a súa nai, María Juana Fernández Barbeito, falecera.
Co documento do Sergas na man, esta veciña de Culleredo dirixiuse ás oficinas que este servizo ten na cidade da Coruña e deuno de baixa. «Unha moza atendeume e díxome que non me preocupase, que xa estaba todo solucionado», recorda. Con todo, cal foi a súa sorpresa cando, aos poucos anos, unha carta da Consellería de Sanidade volvía entregarlle outro cartón sanitario a nome de María Juana Fernández, que novamente a súa filla tivo que cancelar.
A historia volveu repetirse estes días, cando Dolores Rodríguez abriu unha terceira misiva do Sergas coa nova identificación sanitaria da súa nai. «Non coñezo a ninguén que lle pasou isto, pero seguramente haberá moita máis xente, porque en vista do éxito... Eu non dou crédito. Paréceme que logo de 16 anos é tempo suficiente para habelo arranxado. Con tantos afiliados que hai á Seguridade Social, a saber cantos teñen sen dar de baixa», reflexiona a muller, que non ten pensado cancelar este terceiro documento. «Teño aquí o cartón relucente e voulle a pór un marco, porque isto é incrible. Eu non vou dala de baixa, xa non me molesto. O meu tempo non está para perdelo, e prefiro ir tomar un café que facer un trámite que non vale para nada», afirma.
Ese Sergaaaaaasssss.......
0 comentarios